O ámbar báltico ou succinita é o ámbar que se atopa nos depósitos da rexión báltica, que son os maiores depósitos de ámbar coñecidos. Orixinouse durante a época do Eoceno, pero discútese o momento exacto. Estimouse que os bosques que había daquela produciron máis de 100.000 toneladas de ámbar.[1] Ten usos ornamentais e de xoiaría e tamén un interese paleontolóxico, polos seres vivos que quedaron fosilizados en inclusións no seu interior. Hoxe, máis do 90% do ámbar do mundo procede do oblast de Kaliningrado, Rusia. É unha importante fonte de ingresos da rexión; a compañía local Kaliningrad Amber Combine extraeu 250 toneladas de ámbar en 2014,[2] e 400 toneladas en 2015.[3]
Antes pensábase que o ámbar do Báltico incluía tamén o ámbar das minas de lignito de Bitterfeld, Saxonia (Alemaña). O ámbar de Bitterfeld críase antes que era de só 20–22 millóns de anos de anigüidade (Mioceno), pero unha comparación das inclusións animais feitas en 2003 indicou que era posiblemente ámbar báltico que fora redepositado nun depósito do mioceno.[4] Posteriores estudos dos taxons de insectos incluídos no ámbar mostraron que o ámbar de Bitterfeld procedía do mesmo bosque que o ámbar báltico, pero foi depositado separadamente nunha sección máis ao sur, de maneira similar que o ámbar de Rovno ucraíno.[5] Outras fontes de ámbar báltico van desde Polonia a Rusia.
Como o ámbar báltico contén dun 3 a un 8% de ácido succínico, tamén se chama succinita.
O ámbar báltico in situ obtense de sedimentos da formación xeolóxica Prusiana, antes chamada a "formación Ámbar", na que o principal horizonte que contén ámbar se denomina "Terra Azul", así chamada polo seu contido en glauconita. A formación está exposta na parte norte da península de Sambia en Kaliningrado. Gran parte do ámbar báltico foi redepositado secundariamente nos depósitos de till glacial do Plistoceno ao longo da chaira noreuropea.[6] Propúxose que o ámbar foi redepositado secundariamente en condicións de albufeira costeira despois dunha transgresión mariña que afectou o bosque de ámbar. A idade do ámbar é moi discutida, aínda que se interpreta xeralmente como producido durante o Eoceno (hai 56-34 millóns de anos). Diferentes autores deron estimacións para a idade do ámbar de 40-47 e de 35-43 millóns de anos.[7]
Hai acordo xeral de que o ámbar se orixinou a partir de resinas de coníferas. Desde a década de 1850 pensábase que a resina a producira a árbore Pinites succinifer, pero investigacións feitas na década de 1980 chegaron á conclusión de que a resina se orixina de varias especies. Máis recentemente, propúxose, con evidencias obtidas en análises de espectroscopia infravermella de transformada de Fourier (FTIR) de ámbar e resina de árbores vivas, que as responsables eran as coníferas da familia Sciadopityaceae.[1] O único representante existente desta familia é o piñeiro xaponés Sciadopitys verticillata.
A estrutura do ámbar báltico (succinita) é complexa. Non é un polímero, porque non está composta por un padrón repetido de meros do mesmo tipo. Ao contrario, ten unha estrutura macromolecular disposta nunha rede de enlaces cruzados, na cal os poros (espazos libres) están cheos de compoñentes da estrutura molecular (por exemplo, por mono- e sesquiterpenos). Así, a estrutura química do ámbar pode describirse como unha supramolécula.[8] A estrutura fai que o ámbar sexa máis denso e duro e resistente aos factores externos. Tamén fai posible a boa conservación das inclusións de plantas e animais.[9]
Nas inclusións presentes no ámbar báltico descubríronse numerosos xéneros e especies de plantas e animais extinguidos e foron descritos cientificamente.[10] As inclusións de insectos supoñen un 98% dos animais conservados no ámbar, mentres que todos os demais artrópodos, xunto cos anélidos, moluscos, nematodos e protozoos contribúen con menos do 0,5% dos animais. Os vertebrados son outro 0,5% dos animais incluídos e a maioría son restos de pelame de mamífeos, plumas e réptiles.[11]
Nome | Autores | Ano | Familia | Notas | Imaxes |
---|---|---|---|---|---|
Heinrichs et al |
2015 |
Unha hepática |
|||
Heinrichs et al |
2014 |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]Bibliografía[editar | editar a fonte]Matushevskaya, Aniela (2013). "Natural and artificial resins – chosen aspects of structure and properties" [Натуральные и искусственные смолы – некоторые аспекты структуры и свойств]. En Kostjashova, Z. V. Янтарь и его имитации Материалы международной научно-практической конференции 27 июня 2013 года [Amber and its imitations] (en ruso). Kaliningrad: Kaliningrad Amber Museum, Ministry of Culture (Kaliningrad region, Russia). p. 113. ISBN 978-5-903920-26-6. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de maio de 2023. Outros artigos[editar | editar a fonte]
|