Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberto por | Becker, A. C., Puckett, A. W., Kubica, J. |
Descuberto dende o | Observatorio Apache Point |
Descuberto o | 11-10-2005 |
Designación do Mpc | (145480) 2005 TB190 |
Categoría no Mpc | Obxecto distante (DES)[2] |
Características orbitais[1] | |
Época= 30-11-2008 | |
Afelio | 106,54 UA (Q) |
Perihelio | 46,21 UA (q) |
Eixo semi-maior | 76,38 UA (a) |
Excentricidade | 0,3949 |
Período orbital | 667,59 ax |
Inclinación | 26,45° |
Anomalía media | 355,8° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 180,4° |
Argumento do perihelio | 171,0° |
Características físicas | |
Diámetro | 372,5 ± 37,5 km[3] |
Masa | ~6 x 1019 kg |
Densidade | 2,0 g/cm3 (asumida) |
Gravidade superficial | 0,1 m/s² |
Velocidade de escape | 0,2 km/s |
Albedo | 0,12–0,20[3] |
Tipo espectral | B-V=0,98 V-R=0,56[4] |
Magnitude absoluta | 4,6[3] |
(145480) 2005 TB190, provisionalmente designado coma 2005 TB190, é un obxecto trans-neptuniano (TNO) cunha magnitude absoluta de 4,7.[1] Feito que o coloca coma un posible candidato a planeta anano.
(145480) 2005 TB190 está clasificado coma obxecto distante polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) dende que se coñece cá súa órbita está moito máis aló da posible influencia gravitacional de Neptuno.[2] Aínda que se Neptuno migrase cara ao exterior, este podería ter algunha influencia sobre (145480) 2005 TB190 se a órbita de Neptuno fose moi excéntrica. O afelio de 2005 TB190 está a máis de 106 UAs.[3]
Simulacións feitas por Emel’yanenko e Kiseleva no ano 2007 amosan a (145480) 2005 TB190 con menos do 1% de posibilidades de estar nunha resonancia orbital de 4:1 con Neptuno.[5]
Foi observado 156 veces en 7 oposicións distintas.[1] Chegará ó seu perihelio no ano 2016.[1]
No ano 2010, a emisión termal de 2005 TB190 no infravermello profundo foi medida polo Telescopio Espacial Herschel. Coma resultado destas medicións, o rango estimado do seu tamaño vai dos 335 ós 410 km.[3] No espectro visible, 2005 TB190 ten un toque vermello.[4]