«(I Just) Died In Your Arms» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Cutting Crew | |||||
do álbum Broadcast | |||||
Lanzamento | 1986 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1986 | ||||
Xénero musical | pop rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:45 | ||||
Discográfica | Virgin Records | ||||
Produtor(es) | Cutting Crew | ||||
Escritor(es) | Nick Van Eede | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"(I Just) Died In Your Arms" é unha canción da banda inglesa Cutting Crew, editada como sinxelo do seu álbum Broadcast. A canción foi escrita polo líder Nick Van Eede, producida por Terry Brown, John Jansen e a banda, e mesturada nos Utopia Studios de Londres por Tim Palmer.
Esta power ballad[1] é o maior éxito do grupo, chegando ao número 1 nos Estados Unidos,[2] Canadá, Noruega e Finlandia,[3] e acadando o top 5 en Alemaña, Irlanda, Reino Unido, Suráfrica, Suecia e Suíza.[3]
A principios do ano 2020 a canción regravouse e reeditouse en varias versións, entre elas nunha encarnación orquestral, como sinxelo principal para o segundo álbum recompilatorio de Cutting Crew, Ransomed Healed Restored Forgiven,[4] acompañada por un novo video musical que foi subido a YouTube a través da conta oficial do seu novo selo, August Day.[4] O novo lanzamento do éxito realizouse como un EP de 8 pistas editado en plataformas dixitais.[5][6] Tamén apareceu en formato físico, tanto como un CD único como parte da edición de luxo do recompilatorio.[7]