1491: New Revelations of the Americas Before Columbus | |
---|---|
Título orixinal | 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus |
Autor/a | Charles C. Mann |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Non ficción |
Editorial | Alfred A. Knopf |
Data de pub. | 2005 |
Páxinas | xii, 465 p.: ill., maps (1ª edición) |
ISBN | ISBN 978-1-4000-4006-3 |
Seguido por | 1493: Uncovering the New World Columbus Created |
[ editar datos en Wikidata ] |
1491: New Revelations of the Americas Before Columbus é un libro de 2005 escrito polo estadounidense Charles C. Mann sobre a América precolombiana. En 2006, foi galadorado co National Academies Communication Award para o mellor traballo creativo que axude á comprensión pública de temas de ciencia, enxeñería ou medicina.
O libro presenta achados recentes de investigacións en diferentes campos que suxiren que as poboacións humanas no hemisferio occidental, é dicir, os pobos indíxenas de América, eran máis numerosos, chegaran antes, eran máis sofisticados culturalmente e controlarpm e moldearon a paisaxe natural en maior medida do que pensaban os estudosos.
O autor sinala que, segundo estes descubrimentos, dous dos seis centros de civilización independentes xurdiron en América: o primeiro, Norte Chico ou Caral-Supe, no actual norte do Perú; e a Mesoamérica do período formativo, no que hoxe é o sur de México.
En 2011, Mann publicou a secuela, 1493: Uncovering the New World Columbus Created. Nel explora os resultados da colonización europea de América, un tema iniciado na obra de Alfred Crosby de 1972 The Columbian Exchange, que examinaba os intercambios de plantas, animais, enfermidades e tecnoloxías despois do encontro europeo con América. Mann engadiu moitas novas investigacións que se desenvolveron nos 40 anos transcorridos desde a publicación dese libro.