15 años y un día | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 15 años y un día |
Director | Gracia Querejeta |
Guión | Santos Mercero Gracia Querejeta |
Intérpretes | Maribel Verdú |
Fotografía | Juan Carlos Gómez |
Estrea | 25 de abril de 2013 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | España |
Na rede | |
http://www.latidofilms.com/proyectos.nuevostitulos.ficha.do?idProyecto=181&opcion_izquierda=5&opcion_superior=3 | |
15 años y un día é un filme español de 2013 dirixido por Gracia Querejeta. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
O filme xira arredor de Jon, un rapaz de quince anos conflitivo e desobediente que comeza a xuntarse con malas compañas. Para remediar esta complicada situación, e a raíz dunha expulsión no colexio, a súa nai decide envialo co seu avó, un militar retirado que exerceu na guerra de Bosnia. O estrito home tentará encauzar o mozo a través de distintos medios de educación e disciplina.