365 días | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 365 dni |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | 365 dni de Blanka Lipińska |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Mateusz Cierlica |
Montaxe | Marcin Drewnowski |
Estudio |
|
Distribuidora | Next Film |
Estrea | 7 de febreiro de 2020 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Polonia |
Xénero | Suspense erótico |
Recadación | 9,5 millóns de dólares[1] |
Filme seguinte | 365 días: Aquel día (2022) |
Na rede | |
365 días[2] (en polaco: 365 dni) é un filme polaco de 2020 dirixido por Barbara Białowąs e Tomasz Mandes. Baséase na primeira novela da triloxía de Blanka Lipińska, e conta a historia dunha muller de Varsovia (Anna-Maria Sieklucka) que se namora dun dominante home siciliano (Michele Morrone), que a encarcera e impón un período de 365 días para namorarse del.
365 días estreouse nos cinemas de Polonia o 7 de febreiro de 2020. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 7 de xuño de 2020, onde conta con opción de subtitulado en galego, traducido por Jeiry Castellano.[3] Rapidamente gañou a atención mundial, converténdose no filme máis visto en territorios de todo o mundo, incluído nos Estados Unidos. A pesar desta popularidade, o filme recibiu críticas universalmente negativas, especialmente dirixidas á súa glorificación da mafia e o uso intensivo de secuencias sexuais que inclúen a violencia sexual, facendo comparacións coa triloxía de Fifty Shades of Grey. A súa secuela, titulada 365 días: Aquel día, estreouse en Netflix o 27 de abril de 2022.
365 días estreouse nos cinemas de Polonia o 7 de febreiro de 2020, recadando 9 millóns de dólares.[1]