54 Piscium | |
Data de observación Época X2000,0 Equinoccio X2000,0 | |
---|---|
Constelación | Pisces |
Ascensión recta | 00h 39m 21.80589s[1] |
Declinación | +21° 15′ 01.7081″[1] |
Magnitude aparente (V) | 5,88[2] |
Características | |
Tipo espectral | K0V[3] / T7,5V |
Índice de cor U−B | +0,57[2] |
Índice de cor B−V | +0,85[2] |
Tipo de variable | Posible |
Astrometría | |
Velocidade radial (Rv) | −34,2[4] km/s |
Movemento propio (μ) | RA: −461,32 ± 0,33[1] mas/ano Dec.: −370,02 ± 0,28[1] mas/ano |
Paralaxe (π) | 90,42 ± 0,32mas |
Distancia | 36,1 ± 0,1 al (11,06 ± 0,04 pc) pc) |
Magnitude absoluta (MV) | 5,65 |
Detalles | |
54 Psc A | |
Masa | 0,76[5] M☉ |
Raio | 0,944 ± 0,033[3] R☉ |
Gravidade superficial (log g) | 4,61[6] |
Luminosidade | 0,52[7] L☉ |
Temperatura | 5.062 ± 88[3] K |
Metalicidade [Fe/H] | –0,15[6] dex |
Rotación | 40,2 ± 4,0 días[8] |
Idade | 6,4[9] Ga |
54 Psc B | |
Masa | 0,051 ± 0,014[10] M☉ |
Raio | 0,082 ± 0,006[10] R☉ |
Temperatura | 810 ± 50[10] K |
Outras denominacións | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
54 Piscium e unha estrela anana laranxa, que está a aproximadamente 36 anos luz de distancia na constelación de Pisces. No 2002, confirmouse a presenza dun planeta extrasolar ó redor da estrela, e no ano 2006, descubriuse unha anana marrón orbitando ó redor da estrela primaria.
A designación de Flamsteed de 54 Piscium orixinouse no catálogo de estrelas do astrónomo británico John Flamsteed, publicado por primeira vez en 1712. Ten unha magnitude aparente de 5,86, o que permite que sexa observable a simple vista baixo unhas boas condicións de observación. A estrela posúe un clasificación K0V, coa clase de luminosidade V, indicando que esta estrela está na secuencia principal , xerando enerxía no seu núcleo a través da fusión termonuclear de hidróxeno en helio. A temperatura efectiva da fotosfera é de preto de 5.062 K,[3] dándolle a tonalidade laranxa característica dunha estrela do tipo K.[11]
Calcúlase que a estrela pode ter un 76 por cento[5] da masa do Sol e o 46 por cento da súa luminosidade. O raio foi determinado directamente por interferometría, sendo o 94 por cento do raio solar.[3] O período de rotación de 54 Piscium é de preto de 40,2 días.[8] A idade da estrela é de preto de 6.400 millóns de anos, en base a actividade da cromosfera e a análise isocrónica.[9] Hai algunhas dúbidas entre a prensa científica sobre a presenza e cantidade de elementos máis pesados có hidróxeno en comparación có Sol, o que os astrónomos denominan metalicidade. Santos e col. (no 2004) informaron do logaritmo da taxa da abundancia de ferro a hidróxeno, [Fe/H], cun valor de 0,12 dex, mentres que [12] Cenarro e col. (no 2007) publicaron un valor de -0,15 dex.[6]
Unha observación a longo prazo dos niveis da actividade magnética da estrela suxire que está entrando nun período mínimo de Maunder, o que significa que pode sufrir un longo período de baixas cantidades de machas solares. Ten un ciclo de actividade similar ó Sol que está a diminuír en magnitude. Ata o 2010, o período máis recente de pico de actividade foi en 1992-1996, que amosou un menor nivel de actividade có pico anterior de 1976-1980.[8]
No 2006, unha imaxe directa de 54 Piscium amosou que había unha anana marrón acompañando a 54 Piscium A.[5] Pénsase que 54 Piscium B é unha "anana marrón de metano" do tipo espectral "T7.5V". A luminosidade deste obxecto sub-estelar suxire que ten unha masa de 0,051 masas solares (50 veces a masa de Xúpiter) e 0,082 veces o raio do sol. Semellante á Gliese 570 D, esta anana marrón tería unha temperatura superficial de 810 K (537 °C).[10]
Cando 54 Piscium B foi directamente fotografada polo Telescopio Espacial Spitzer da NASA, púidose observar que a anana marrón tiña unha separación dunhas 476 UA coa súa estrela primaria.[10] 54 Piscium B foi a primeira anana marrón detectada ó redor dunha estrela cun planeta extrasolar xa confirmado (baseado en pescudas de velocidade radial).
A estrela xira cunha inclinación de 83+7
−56 graos en relación coa Terra.[8]
O 16 de xaneiro do 2002, un equipo de astrónomos (liderado por Geoff Marcy) anunciou o descubrimento dun planeta extrasolar (chamado 54 Piscium b) ó redor de 54 Piscium.[13][14] Estimase que o planeta ten unha masa de só o 20 por cento da masa de Xúpiter (o planeta sería, máis ou menos, do mesmo tamaño e masa que Saturno). O planeta orbita seu sol a unha distancia de 0,28 UA (o que faría que estivese dentro da órbita de Mercurio), e lévalle preto de 62 días completar unha órbita. Asumiuse que o planeta comparte a mesma inclinación cá estrela e por iso seguramente teña unha masa real moi próxima ó rango mínimo da súa masa estimada;[15] polo contra, sábese que moitos planetas do tipo Xúpiter quente teñen órbitas inclinadas respecto do eixe da súa estrela nai.[16]
O planeta ten un alta excentricidade, do redor do 0,63. A órbita altamente elíptica suxeriu que a gravidade dun obxecto invisible máis afastado da estrela estaba tirando cara a fóra do planeta. Este fenómeno foi confirmado polo descubrimento dunha anana marrón dentro do sistema.
A órbita dun planeta do tipo Terra debería estar centrada dentro das 0,68 UA[17] (ó redor da distancia orbital de Venus), que nun sistema Kepleriano significa un período orbital 240 días. Nunha simulación posterior que incluía á anana marrón, a órbita de 54 Piscium b "varría e limpaba" a maioría das partículas da proba dentro das 0,5 UA, deixando só asteroides "en órbitas de baixa excentricidade preto da distancia do apoastro do planeta, preto da resonancia 1:2". Ademais, as observacións descartaron a posibilidade da presenza de planetas tipo Neptuno ou de planetas máis pesados, cun período dun ano ou menos; aínda que si permite a posibilidade da presenza de planetas do tamaño da Terra a unha distancia de 0,6 UA ou máis.[18]
Compañeiro (en orde dende a estrela) |
Masa | Raio | Semieixo maior (UA) |
Período orbital (días) |
Inclinación | Excentricidade |
---|---|---|---|---|---|---|
b | > 0,227 ± 0,023 Mx | ? | 0,296 ± 0,017 | 62,206 ± 0,021 | ? | 0,618 ± 0,051 |