Planeta extrasolar | Lista de planetas extrasolares | |
---|---|---|
![]() | ||
Estrela nai | ||
Estrela | 55 Cancri A | |
Constelación | Cáncer | |
Ascensión recta | (α) | 08h 52m 35.8s |
Declinación | (δ) | +28° 19′ 51″ |
Magnitude aparente | (mV) | 5,95 |
Distancia | 40,3 ± 0,4 al (12,3 ± 0,1 pc) | |
Tipo espectral | G8V | |
Masa | (m) | 0,95 ± 0,10 M☉ |
Raio | (r) | 1,152 ± 0,035 R☉ |
Temperatura | (T) | 5.373 ± 9,7 K |
Metalicidade | [Fe/H] | 0,29 |
Idade | 7,4–8,7 Ga | |
Elementos orbitais | ||
Eixo semimaior | (a) | 5,77 ± 0,11[1] UA (863 Gm) |
462 mas | ||
Periastro | (q) | 5,63 UA (842 Gm) |
Apoastro | (Q) | 5,92 UA (885 Gm) |
Excentricidade | (e) | 0,025 ± 0,03[1] |
Período orbital | (P) | 5.218 ± 230[1] d (14,29 a) |
Argumento do periastro |
(ω) | 181,3 ± 32[1]° |
Tempo do periastro | (T0) | 2 452 500,6 ± 230[1] Xd |
Semi-amplitude | (K) | 46,85 ± 1,8[1] m/s |
Características físicas | ||
Masa mínima | (m sin i) | 3,835 ± 0,08[1] MJ |
Fluxo estelar | (F⊙) | 0,019 ⊕ |
Información do descubrimento | ||
Data do descubrimento | 13-06-2002 | |
Descubridor(es) | Marcy e o seu equipo. | |
Método do descubrimento | Velocidade radial | |
Lugar do descubrimento | California, USA | |
Status do descubrimento | Publicado | |
Outras designacións | ||
55 Cancri Ad, Rho1 Cancri d, HD 75732 d
| ||
Referencias nas bases de datos | ||
Enciclopedia Planetas Extrasolares | datos | |
SIMBAD | datos |
55 Cancri d (abreviado 55 Cnc d) é un planeta extrasolar de longo período orbital, que orbita unha estrela semellante ó noso Sol, 55 Cancri A. O planeta está situado a unha distancia respecto da súa estrela semellante á distancia a que está Xúpiter respecto do noso Sol, é o quinto planeta en ser descuberto no seu sistema planetario e é o máis externo. 55 Cancri d foi descuberto en 13 de xuño de 2002.
Coma a meirande parte dos planetas extra-solares coñecidos, 55 Cancri d detectouse pola observación das variacións da velocidade radial da súa estrela. Isto foi conseguido a través de medicións moi precisas e finas do efecto Doppler do espectro da súa estrela. No momento do descubrimento, 55 Cancri A xa era coñecida por posuír un planeta (55 Cancri b), con todo, aínda había un desvío nas medicións da velocidade radial, desvío que aínda non tiña un explicación clara.[2]
No ano 2002, outras novas observacións revelaron a presenza dun planeta de longo período nunha órbita a unhas 5 UA respecto da estrela.[3] Eses mesmos estudos indicaron a presenza doutro planeta interior, designado 55 Cancri c.
Cando 55 Cancri d foi descuberto, pensouse que estaba nunha órbita cunha excentricidade orbital mínima, de xeito semellante á órbita similar a Xúpiter no noso sistema solar, aínda que os elementos orbitais non foron ben precisados.[3] A medida que se foron recollendo máis datos, a solución que mellor se axustaba a este planeta resultou ser unha órbita altamente excéntrica, máis que calquera dos planetas do noso Sistema Solar (incluíndo Plutón).[4] No 2008, despois de que fose observada unha órbita completa do planeta, a órbita real foi desvelada, indicando o que orixinariamente se sospeitaba, a órbita de 14 anos do planeta era, de feito, case circular, situada a unhas 5,77 AU respecto da súa estrela.[1]
Unha limitación do método da velocidade radial utilizado para descubrir 55 Cancri d é que só se pode obter un límite inferior para a masa do planeta. No caso de 55 Cancri d, este límite inferior é de aproximadamente 3,835 veces a masa de Xúpiter. No 2004, medicións astrométricas feitas cos Fine Guidance Sensors do Telescopio Espacial Hubble indican que a órbita do planeta ten unha inclinación duns 53° respecto do plano do ceo.[4] Se esta medida é confirmada, implicaría que a masa real do planeta é un 25% maior có seu límite inferior, preto das 4,8 masas de Xúpiter, e non vai ser coplanar co planetas máis interiores 'e' e 'b' (ambos inclinados 85°).
Dada a elevada masa do planeta, o planeta é un xigante gasoso sen superficie sólida. Xa que o planeta só se detectou de xeito indirecto, parámetros tales coma o raio, composición, ou temperatura son descoñecidos.
Asumindo unha composición semellante á de Xúpiter e de que a atmosfera do planeta estea preto do equilibrio químico, prevese que 55 Cancri d estea cuberto por unha capa de nubes de auga: a calor interna do planeta probablemente sexa demasiado alta coma para forma-las nubes baseadas no amoníaco que son típicas de Xúpiter. A súa gravidade superficial é posiblemente de 4 a 5 veces máis maior cá de Xúpiter, ou o que é o mesmo, preto de 10 a 15 veces a da Terra, o cal é debido a que o raio do planeta seguramente sexa só un pouco maior có Xúpiter, ou incluso algo menor có de Xúpiter debido o alto contido de metal da estrela nai.[5]