8-Oxoguanina[1] | |
---|---|
2-Amino-7,9-dihidro-1H-purina-6,8-diona | |
Outros nomes 7,8-Dihidro-8-oxoguanina; 8-Oxo-7,8-dihidroguanina | |
Identificadores | |
Número CAS | 5614-64-2 |
PubChem | 119315 |
ChemSpider | 106574 |
MeSH | 8-hydroxyguanine |
ChEBI | CHEBI:44605 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H5N5O2 |
Masa molar | 167,13 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A 8-oxoguanina (ou 8-hidroxiguanina, 8-oxo-Gua, ou OH8Gua) é unha base nitroxenada que se forma como unha das lesións no ADN máis comúns causada polas especies reactivas do oxíxeno [2] e pode orixinar un apareamento incorrecto coa adenina, o que ten como resultado substitucións de G a T e de C a A no xenoma.[3] Nos humanos, é reparada fundamentalmente pola ADN glicosilase OGG1. Pode orixinarse pola acción da radiación ionizante en conexión co metabolismo oxidativo. Pode formar os nucleósidos 8-oxoguanosina e 8-oxo-2'-desoxiguanosina, cando se une, respectivamente, á ribosa ou á 2-desoxirribosa.
O incremento das concentracións de 8-oxoguanina nos fluídos corporais asociouse cun incremento do risco de mutaxénese e carcinoxénese.[4][5]
Os ensaios con 8-oxoguanina deben facerse con moito coidado debido á facilidade coa que pode ser oxidada durante a extracción e os procedementos do ensaio.[6]