A-10


Sakanako Autobia
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas de Navarra
Lonxitude29 km
Localización
InicioIrurtzun (Navarra)
FinAltsasu (Navarra)

A A-10 ou Sakanako Autobia é unha autovía que percorre a comarca de Sakana, en Navarra. Comeza en Irurtzun, no enlace 112 da AP-15 e finaliza en Altsasu, no enlace 397 da A-1, tendo unha lonxitude total de 29 km.

A autovía foi construída entre 1992 e 1995; antes chamábase N-240-A. Ademais de permitir rápidas comunicacións entre os pobos que compoñen a bisbarra, permite unha conexión de alta capacidade entre Pamplona e Vitoria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]