Autovía do Camiño | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 219,4 km |
Localización | |
Inicio | Pamplona |
Fin | Burgos |
A A-12 ou autovía do Camiño é unha autovía española que comeza en Pamplona (Navarra) e finalizará en Burgos, xa que o tramo de Burgos a León xa está construído coa denominación A-231. Terá unha lonxitude de 219,4 km e empezou a construírse en 2002.
No seu percorrido entre Pamplona e Burgos atópanse localidades importantes como Puente la Reina, Lizarra, Logroño, Nájera ou Santo Domingo de la Calzada.
A parte que discorre pola Comunidade Foral de Navarra pertence ao Goberno de Navarra e a parte que discorre pola Rioxa e Castela e León á Rede de Estradas do Estado dependente do Ministerio de Fomento.