A2100 é un tipo de satélite de comunicacións construído por Lockheed Martin Space Systems para telecomunicacións desde a órbita xeosincrónica.
Está deseñado para diferentes necesidades en canto a telecomunicación, incluíndo servizos en banda Ka e de banda larga, servizos en banda C e Ku, servizos de banda larga dirixidos e de alta potencia mediante banda Ku e servizos móbiles mediante UHF e as bandas L e S.[1]
O sistema A2100 foi desenvolvido polo equipo Skunk Works nas instalacións de Astro Space East Windsor, en Nova Jersey. Un grupo de deseñadores, incluíndo a Brian Stewart, John Close, Pete Wise e Keith Davies, desenvolveu un bus común flexible con significativamente menos compoñentes, un menor peso e un menor tempo de entrega ó cliente.
O primeiro satélite A2100, o AMC-1, foi lanzado o 8 de setembro de 1996. Dende entón lanzáronse uns 30 satélites baseados no bus A2100, sumando 200 anos de servizo en órbita.[2]
A serie A2100 é modular e pode ser configurado para diferentes tamaños: