AB Aurigae

AB Aurigae
Constelación Auriga
Ascensión recta α 04h 55min 45.84s
Declinación δ +30º 33’ 04.3’’
Distancia 470 anos-luz
Magnitude visual +7,06 (media)
Magnitude absoluta +1,19 (media)
Luminosidade 31 soles
Masa 2,4 soles
Tipo espectral A0Ve
Velocidade radial +8 km/s
AB Aurigae co seu anel de po

AB Aurigae (HD 31293 / HIP 22910) é unha estrela variable[1] na constelación de Auriga, o cocheiro. Encóntrase a 470 anos luz de distancia do Sistema Solar.

AB Aurigae é unha estrela branca de tipo espectral A0Ve cunha luminosidade 31 veces maior que a luminosidade solar. É unha estrela moi estudada xa que é considerada prototipo das estrelas Herbig Ae, estrelas xoves de masa intermedia que aínda non entraron na secuencia principal. Situada na rexión de formación estelar de Taurus-Auriga, a súa idade está comprendida entre 1 e 3 millóns de anos. Rodeada por unha complexa combinación de estruturas de gas e po, AB Aurigae amosa unha serie de fenómenos fascinantes, entre eles unha nebulosa de reflexión que estendese miles de UA máis alá da estrela, así como unha rexión máis compacta con forma de anel (entre 100 e 750 UA da estrela) composta fundamentalmente de gas. Parece que o disco interior de po ten un radio exterior de aproximadamente 130 UA,dentro do cal existe moi pouca cantidade de gas.

O anel de po presenta un espazo baleiro a 102 UA de AB Aurigae; iso, unido á existencia de claros dentro do anel a menor distancia da estrela, suxire a formación de polo menos un obxecto pequeno a unha distancia orbital de aproximadamente 100 UA. Tamén detectouse un “punto forte” na parte externa do anel, que pode ser causado por unha zona de maior densidade motivada polo acrecentamento sobre un compañeiro invisible.

A magnitude aparente de AB Aurigae oscila de forma irregular entre +6,9 e + 8,4, estando catalogada como unha variable Orión.[2]