ADN pol IV | |
---|---|
Identificadores | |
Organismo | |
Símbolo | dinB |
Alt. symbols | dinP |
Entrez | 944922 |
RefSeq (Prot) | NP_414766.1 |
UniProt | Q47155 |
Outros datos | |
Número EC | 2.7.7.7 |
Cromosoma | xenoma: 0.25 - 0.25 Mb |
A ADN polimerase IV ou Pol IV é unha ADN polimerase procariota que está implicada na mutaxénese e está codificada no xene dinB. Ten acividade de exonuclease 3′→5′ (corrección de probas ou proofreading) e, polo tanto, ten tendencia ao erro. En Escherichia coli a ADN polimerase IV (Pol 4) está implicada na mutaxénese non dirixida. A Pol IV é unha familia de polimeraes Y expresada polo xene dinB que se activa por medio da indución SOS causada polas polimerases que quedan atascadas na forquita de replicación. Durante a indución SOS, a produción de Pol IV increméntase a dez veces máis do normal e unha das funcións durante ese momento é interferir coa procesividade do holoencima Pol III. Isto crea un punto de control, para a replicación do ADN e proporciona tempo para reparar as lesións no ADN usando a ruta de reparación máis axeitada. Outra función da Pol IV é realizar a síntese translesión na forquita de replicación atascada, por exemplo, saltándose os adutos de N2-desoxiguanina a unha velocidade máis rápida que transversando o ADN non danado. As células que carecen do xene dinB teñen unha maior velocidade de mutaxénese causada por axentes que danan o ADN.[1][2][3][4][5]
Durante o metabolismo normal prodúcense continuamente especies reactivas do oxíxeno e estas causan danos no ADN. A ADN polimerase IV pode catalizar a síntese translesión en diversos tipos de danos no ADN, incluíndo a formación de 8-oxoguanina, un dano oxidativo moi importante cun alto potencial mutaxénico.[6] Despois da duplicación dun cromosoma por polimerases replicativas, a 8-oxoguanina non reparada tende a emparellarse incorrectamente con A, así que durante a seguinte rolda de replicación prodúcese unha mutación por transversión de G:C a T:A (G:C → 8-oxoG:C → 8-oxoG:A → T:A). Porén, cando a ADN polimerase IV intervén para sortear (bypass) o dano, incorpora preferencialmente o nucleótido correcto CTP fronte á 8-oxoguanina con alta eficiencia, evitando así posibles mutacións (G:C → 8-oxoG:C → 8-oxoG:C → GC).[6]