ADN polimerase delta

ADN polimerase ADN dirixida
Identificadores
Número EC 2.7.7.7
Número CAS 9012-90-2
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum

A ADN polimerase delta, tamén chamada ADN Pol δ ou Pol δ, é un complexo encimático que se encontra en eucariotasis que intervén na replicación e reparación do ADN. O complexo da ADN polimerase delta consta de 4 subunidades, que son: POLD1, POLD2, POLD3, e POLD4.[1] A ADN Pol δ é o principal encima utilizado para a síntese das febras guía e retardada durante a replicación do ADN en eucariotas.[2] Presenta un incremento da súa procesividade cando interacciona co antíxeno nuclear de célula proliferante (PCNA; proliferating cell nuclear antigen). Ademais, para a función da ADN Pol δ é importante a proteína de multisubunidades factor de replicación C, debido ao seu papel de cargador da abrazadeira para o PCNA (o cal implica a catálise da carga do PCNA sobre o ADN).

  1. Liu G, Warbrick E (October 2006). "The p66 and p12 subunits of DNA polymerase delta are modified by ubiquitin and ubiquitin-like proteins". Biochem. Biophys. Res. Commun. 349 (1): 360–6. PMID 16934752. doi:10.1016/j.bbrc.2006.08.049. 
  2. Johnson RE, Klassen R, Prakash L, Prakash S (July 16, 2015). "A Major Role of DNA Polymerase δ in Replication of Both the Leading and Lagging DNA Strands". Mol. Cell. 59 (2): 163–175. PMID 26145172. doi:10.1016/j.molcel.2015.05.038. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes da United States National Library of Medicine (Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos).