AERO Friedrichshafen é unha exposición orientada á aviación civil europea. Celébrase anualmente en abril a beiras do lago Constanza, no centro de exposicións de Friedrichshafen (Alemaña), xusto á beira do aeroporto de Friedrichshafen.
AERO celebrouse por primeira vez en 1977 durante o evento RMF (Rennsport/Motor/Freizeit; Carreiras/Motor/Lecer). Ao principio celebrábase cada dous anos. AERO converteuse nun evento independente en 1993 e agora celébrase anualmente desde 2009.
Os fabricantes de aeronaves europeos xeralmente presentan os seus novos produtos nesta feira.
A feira atrae a máis de 700 expositores e 35 000 visitantes ao ano.[1]