A caída da casa Usher | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | A caída da casa Usher |
Director | Roger Corman |
Produtor | Roger Corman James H. Nicholson Samuel Z. Arkoff |
Guión | Richard Matheson |
Baseado en | "The Fall of the House of Usher" de Edgar Allan Poe |
Intérpretes | Vincent Price Mark Damon Myrna Fahey Harry Ellerbe |
Música | Les Baxter |
Fotografía | Floyd Crosby |
Distribuidora | American International Pictures |
Estrea | 18 de xuño de 1960 5 de outubro de 1996 (TVG) |
Duración | 79 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $300 000[1] |
Recadación | $1 450 000 (USA/Canadá)[2] 213 785 entradas (Francia)[3] |
Na rede | |
A caída da casa Usher (en inglés: House of Usher; tamén coñecido como The Fall of the House of Usher e The Mysterious House of Usher) é un filme estadounidense de 1960 dirixido por Roger Corman. O guión foi escrito por Richard Matheson a partir da historia curta "The Fall of the House of Usher" de Edgar Allan Poe. Foi o primeiro dos oito filmes de Corman baseados en obras de Poe, e está protagonizado por Vincent Price, Myrna Fahey, Mark Damon e Harry Ellerbe. No ano 2005, foi clasificado polo National Film Registry por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 5 de outubro de 1996 a través da TVG.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A caída da casa Usher |