A conquista do pan | |
---|---|
Título orixinal | La Conquête du Pain |
Autor/a | Piotr Kropotkin |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Tema(s) | comunismo libertario e anarquismo |
Xénero(s) | filosofía política |
Data de pub. | 1892 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A conquista do pan (título orixinal en francés La Conquête du Pain) é un libro do ruso Piotr Kropotkin publicado en 1892. Foi traducido ao galego polo ateneo libertario Lume Negro de Ponteareas e editado en 2010.[1]
Orixinalmente escrito en francés, apareceu por primeira vez como unha compilación de artigos nos periódicos anarquistas Le Révolté e La Revolté (ambos editados por Kropotkin). Foi publicado como libro por primeira vez en París en 1892, cun prefacio de Élisée Reclus, que tamén suxeriu o título. Entre 1892 e 1894 foi serializado, en parte, no periódico londiniense Freedom, do que Kropotkin era cofundador. Foi traducido e reimpreso en numerosas ocasións. Kotoku Shusui traduciuno ó xaponés en 1909.
Neste traballo Kropotkin apunta o que el considera como os erros dos sistemas económicos do feudalismo e do capitalismo, e a creación de miseria e escaseza mentres promoven o privilexio para certas clases. El opta pola proposta dun sistema económico descentralizado baseado na axuda mutua e a cooperación voluntaria, afirmando que as tendencias para este tipo de organizacións xa existen, ámbalas dúas na evolución e a sociedade humana.
Inclúe 17 artigos:
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: A conquista do pan |