A cámara do sangue e outros relatos | |
---|---|
Título orixinal | The Bloody Chamber and Other Stories |
Autor/a | Angela Carter |
Cuberta | Malcolm Ashman |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Contos curtos |
Editorial | Victor Gollancz Ltd Urco Editora |
Data de pub. | 1979 2019 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 136 |
ISBN | ISBN 0-09-958811-0 (en) ISBN 978-84-948755-8-8 (gl) |
Tradución | María Reimóndez |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cámara do sangue e outros relatos (en inglés: The Bloody Chamber and Other Stories; ou sinxelamente The Bloody Chamber) é unha colección de ficción curta escrita pola escritora inglesa Angela Carter. Foi publicada orixinalmente no Reino Unido en 1979 por Gollancz[1] e gañou o Premio Cheltenham de Literature. Tódalas historias comparten entre elas estar baseadas en contos de fadas ou no folclore. Porén, Carter declarou:
A miña intención non era facer 'versións' ou, como dicía horriblemente a edición estadounidense do libro, contos de fadas 'adultos', senón extraer o contido latente das historias tradicionais.[2]
Foi traducida ó galego por María Reimóndez[3] e foi publicada pola editorial Urco Editora no ano 2019.