A desorde que deixas | |
---|---|
Formato | Suspense |
Creado por | Carlos Montero |
Desenvolvido por | Vaca Films |
Dirixido por | Carlos Montero Silvia Quer Roger Gual |
Intérpretes | |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Localización(s) | Celanova, Galicia |
Duración | 40 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 11 de decembro de 2020 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81033361 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A desorde que deixas (en castelán: El desorden que dejas) é unha serie de televisión española orixinal de Netflix que se estreou o 11 de decembro de 2020. É unha adaptación de El desorden que dejas, novela de Carlos Montero publicada en 2016. Está protagonizada por Inma Cuesta e Bárbara Lennie, xunto con Tamar Novas, Arón Piper e Roberto Enríquez.[1]
A comezos de 2019, a plataforma de streaming anunciou a adaptación da novela e que a súa estrea sería ao longo do ano 2020. A rodaxe comezou o 21 de outubro do mesmo ano en Galicia.[2] A serie contén 8 episodios de 40 minutos escritos e dirixidos por Carlos Montero xunto a Silvia Quer e Roger Gual.