A luz prodixiosa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La luz prodigiosa |
Director | Miguel Hermoso |
Produtor | Martín Cabañas |
Guión | Fernando Marías |
Baseado en | La luz prodigiosa, novela da Fernando Marías |
Intérpretes | Alfredo Landa Nino Manfredi Kiti Manver José Luis Gómez |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Carlos Suárez |
Montaxe | Mauro Bonanni |
Estrea | 2003 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | España, Italia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
A luz prodixiosa[1] (en castelán: La luz prodigiosa) é unha película española de 2003 dirixida por Miguel Hermoso.
A principios da guerra civil española, un pastor, chamado Joaquín, socorre un home que os seus verdugos deron por morto na contenda. Joaquín recólleo na súa casa e pouco a pouco empeza a interesarse polo seu pasado. Logo, déixao nun convento ao coidado dunha monxa. Pasados 40 anos, en 1980, reencóntrase con el en Granada. Un feito fortuíto axuda ao mendigo a recuperar a súa memoria perdida, chegando a pensar que é o mesmo Federico García Lorca.
Baseada na novela homónima do escritor e guionista Fernando Marías.
Miguel Hermoso abre a polémica do que pasou co poeta granadino tras a súa execución no ano 1936. Non se sabe con certeza onde quedaron os seus restos, aínda que os indicios apuntan a que está enterrado nunha fosa común da localidade de Víznar, provincia de Granada.