A prometida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Bride |
Director | Franc Roddam |
Produtor |
|
Guión | Lloyd Fonvielle |
Baseado en | Frankenstein ou o moderno Prometeo de Mary Shelley |
Intérpretes | |
Música | Maurice Jarre |
Fotografía | Stephen H. Burum |
Montaxe | Michael Ellis |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 16 de agosto de 1985 15 de xullo de 1996 (TVG) |
Duración | 119 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | 13 millóns de dólares |
Recadación | 3,6 millóns de dólares |
Na rede | |
A prometida (en inglés: The Bride) é un filme británico-estadounidense de 1985 dirixido por Franc Roddam e escrito por Lloyd Fonvielle, baseado na novela de Mary Shelley, Frankenstein ou o moderno Prometeo. O filme está protagonizado por Sting, no papel do barón Charles Frankenstein, e Jennifer Beals como Eva, unha muller que crea da mesma maneira que o infame monstro. O filme, unha coprodución internacional entre o Reino Unido e os Estados Unidos, estreouse nos cinemas o 16 de agosto de 1985 a través de Columbia Pictures, conseguindo valoracións negativas da crítica. Foi un fracaso de recadación, conseguindo só 3,6 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 15 de xullo de 1996 a través da TVG.[2]