Abbots Langley é unha vila e parroquia civil do condado de Hertfordshire en Inglaterra. A súa poboación é de 19 574 habitantes.[1] É un asentamento antigo, que dependía da abadía de St Alban e xa aparece no Domesday Book[2] con nome de Langelai. En 1539 Henrique VIII quitoulle as terras da localidade á abadía e vendeulla ao seu enxeñeiro Richard Lee. Economicamente está ligado a Watford e formaba parte do seu antigo distrito rural. Desde 1974 é integrante do distrito Three Rivers.