Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1050 (Gregoriano) Évora, Portugal |
Morte | c. 1135 (Gregoriano) (84/85 anos) Évora, Portugal |
Actividade | |
Campo de traballo | Poeta |
Ocupación | poeta |
Obra | |
Obras destacables
|
Abd-Majid ibn Abdun, ou na totalidade Abu Mohamed Abd-Majid ibn Abdun Al Yaburi عبد المجيد بن عبدون اليابري nado en 1050 en finado en Évora en 1135, tamén coñecido só como Al Yaburi ou Ibn Abdun, foi un poeta de Al-Andalus.
Foi coetáneo do xurista da taifa de Sevilla Ibn Abdun.
Foi secretario do rei da Taifa de Badaxoz (gobernando en Évora ) Umar ibn Mohammed al-Muwakkil (1078) da dinastía bérber Miknasa Aftasid. Cando foron derrotados e Badaxoz conquistada polos almorábides, Ibn Abdun converteuse no secretario de Yusuf ibn Tashfin e despois do seu fillo Ali ibn Yusuf.
Escribiu un diwan; un dos seus poemas é unha qasida (elexía) sobre a caída da casa dos aftásidas, coñecida como al-Qasidah al-bassamah ou Abduniyya.[1] Ibn Badrun (morto en 1211), tamén poeta de Al-Andalus, escribiu un longo comentario sobre os poemas e a prosa de Ibn Abdun (Copa da flor e cuncha da perla), traducido e editado por Reinhart Dozy en 1848.