Abejorral é un concello de Colombia , localizado na subrexión leste do departamento de Antioquia .[ 1] Limita polo norte cos concellos de Montebello , La Ceja , El Carmen de Viboral e La Unión , polo leste co concello de Sonsón , polo sur co departamento de Caldas e polo oeste cos municipios de Santa Bárbara e Montebello . A súa cabeceira municial dista 86 quilómetros de Medellín , capital do departamento de Antioquia e a 64 quilómetros do aeroporto internacional José María Córdova .
O municipio posúe unha extensión de 502 quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 20 287 persoas (2018), das cales 7 910 viven na zona urbana e 12 377 na zona rural.
Gráfica de evolución de Abejorral entre 1912 e 2018