Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1864 Vassouras, Brasil (pt) |
Morte | 1890 (25/26 anos) 12º distrito de París, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien d'Ivry (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, debuxo e artes visuais |
Ocupación | pintora, debuxante |
Familia | |
Fillos | Angelina Agostini |
Abigail de Andrade, nada en 1864 en Vassouras e finada arredor de 1890 en París, foi unha pintora e debuxante brasileira.
Naceu na pequena vila de Vassouras, entón na provincia de Río de Xaneiro no Segundo Reinado do Imperio brasileiro ,en 1864. Aínda non se coñecen moitas datas exactas da súa vida. Recibiu a súa formación artística de Angelo Agostini e Insley Pacheco en 1882 no Liceu de Artes e Oficios do Rio de Janeiro, despois de que en 1881 as mulleres fosen admitidas para estudar arte alí.[1][2] O seu traballo artístico inclúe pinturas e debuxos da vida cotiá, bodegóns e retratos.
En Río foi alumna do debuxante Angelo Agostini, editor do Diabo Coxo e pioneiro da banda deseñada no Brasil; estaba casado pero ambos mantiveron unha relación ilexítima, que deu lugar a un embarazo e ao nacemento de Angelina Agostini, que chegaría ser tamén pintora recoñecida. Provocaron un escándalo en Río e a parella fuxiu a París.
O segundo fillo finou en abril de 1890, seguido pouco despois pola nai. Abigail de Andrade era unha artista prometedora daquela, moi aclamada pola crítica e a única muller que recibiu a medalla de ouro en 1884 pola súa obra exposta no Salão Nacional de Belas-Artes, a Exposición Nacional da Academia Imperial de Belas Artes (AIBA), xunto a Thomas Georg Driendl, Giovanni Battista Castagneto e Johannes Georg Grimm.
En 1882 participou na exposición colectiva organizada pola Sociedade Propagadora das Belas Artes no Liceu de Artes e Oficios, fundada a sociedade de arte e escola de arte por Francisco Joaquim Béthencourt da Silva, influente no mundo artístico de Río.
De 1884 a 1888 participou no Salão Nacional de Río de Janeiro, e en 1886 realizou exposicións individuais nas casas Costrejean e Vicitas.[3][4] O recoñecido crítico Gonzaga Duque eloxiou que é unha profesional entre os artistas afeccionados e que pode ser considerada unha pintora "moderna" a través das súas innovadoras escenas de xénero da vida cotiá. A socióloga da arte e comisaria Ana Simioni fai mención ao bodegón O cesto de compras, primeiro executado a lapis e tinta, despois como pintura ao óleo, a precisa representación realista dunha instantánea na técnica tradicional do clarescuro, que podería estar relacionado co uso de fotografías do Insley Pacheco como modelo.
En particular, a concesión da medalla de ouro a ela en 1884 como primeira galardoada é destacada pola crítica actual, xa que marca un cambio na percepción das mulleres artistas no Brasil, doutro xeito minimizadas polo mundo da arte como afeccionadas [5] durante moito tempo sen posibilidade de recibir educación artística académica. Hoxe pertence ao canon de nomes dos pioneiros da pintura brasileira de finais do Segundo Reinado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abigail de Andrade |