Abén Humeya

Modelo:BiografíaAbén Humeya

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1520 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Válor, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1569 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Láujar de Andarax, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Rei
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoRebelião das Alpujarras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographical Dictionary of Almería (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1332481

Abén Humeya, de nome cristián Fernando de Válor e Córdoba e de nome musulmán Muhammad ibn Umayya, nado contra o 1545 e finado en 1569, foi un nobre mourisco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era membro dunha familia musulmá granadina que se reclamaba descendente dos Omeias de Córdoba e que pactou o seu conversión durante a conquista de Granada. A cambio da súa conversión e colaboración, os Reis Católicos concederon o señorío de Válor ao avó de Abén Humeya, que adoptara o nome de Hernando de Córdoba, e o dereito a ser membro do cabido granadino. A familia fixou a súa residencia en Válor o Alto e engadiu o nome de Válor ao seu apelido, pasando a ser Córdoba e Válor, e conseguindo o alcume de Os Valorís.

Fernando de Córdoba e Válor naceu como cristián en Granada e chegou a ser Cabaleiro vinte e catro da cidade de Granada, é dicir membro do cabido municipal.

Cando, tras o edicto de Filipe II en 1568 prohibindo a lingua árabe e os costumes musulmáns, estalou a insurrección dos mouriscos nas Alpujarras, Fernando uniuse á sublevación, abxurando das crenzas cristiás e tomando o nome de Muhammad ibn Umayya (que pasou a pronunciarse como Abén Humeya). Mercé á influencia do seu tío, converteuse no principal dirixente da insurrección e foi proclamado rei. Os rebeldes combateron contra as tropas reais mandadas sucesivamente polo marqués de Mondéjar, o marqués dos Vélez e Xoán de Austria. A pesar de que inicialmente a iniciativa militar correspondeu aos mouriscos, non conseguiron tomar Berja. Pronto xurdiron disensións entre os propios mouriscos. Segundo uns historiadores, a arbitrariedade e tiranía que mostra Abén Humeya, xunto co seu carácter despótico e receoso, fanlle perder o apoio dos rebeldes, sendo asasinado no seu palacio de Laujar de Andarax en outubro de 1569, aínda que outros din que foi asasinado por mouriscos axentes dos casteláns. En calquera caso, é sucedido polo seu primo Abén Aboo. A revolta sería sufocada en 1571.

Os Xogos Mouriscos

[editar | editar a fonte]

Un dos episodios máis interesantes protagonizado por Abén Humeya foi o dos Xogos Mouriscos que, segundo o cronista Ginés Pérez de Fita, convocou en Purchena en setembro de 1569, pouco antes de morrer asasinado. Conta Pérez de Fita na 2ª Parte das Guerras Civís de Granada que, tras o errado cerco da Cidade de Vera, Abén Humeya retirouse a Purchena onde convocou estes Xogos Mouriscos que incluían probas deportivas, algunhas delas de ascendencia olímpica como a loita, o levantamento de pedra, sostemento de ladrillo, lanzamento con fonda, carreiras de velocidade e media legua, concursos de danza e canto... todo iso para ter adestrada á tropa e para recuperar as súas tradicións, vestimentas, nomes... Este feito histórico-deportivo orixinal e único, desde 1993, é recordado anualmente no municipio de Purchena (Almería) cada primeira fin de semana de agosto. Deste evento de clara ascendencia olímpica, Juan Antonio Samaranch, presidente do Comité Olímpico Internacional ata 2001, dixo: Os Xogos Mouriscos de Aben Humeya supón refacer o elo perdido da cadea entre a Antigüidade e o mundo moderno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]