En física, a acción a distancia é o concepto de que un obxecto pode ser movido, alterado ou afectado sen ser tocado fisicamente (como no contacto mecánico) por outro obxecto. É dicir, é a interacción non local de obxectos que están separados no espazo.
Este termo utilizouse con máis frecuencia no contexto das primeiras teorías da gravidade e do electromagnetismo para describir como responde un obxecto á influencia de obxectos distantes. Por exemplo, a lei de Coulomb e a lei da gravitación universal de Isaac Newton son estas primeiras teorías.[1]
De forma máis xeral, "acción a distancia" describe o fracaso das primeiras teorías atomísticas e mecanicistas que buscaban reducir toda a interacción física á colisión. A exploración e resolución deste fenómeno problemático levou a importantes desenvolvementos na física, desde o concepto de campo, até as descricións do enredo cuántico e as partículas mediadoras do Modelo estándar.[2]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acción a distancia |
![]() |
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |