Achatinella apexfulva | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Debuxo da cuncha de Achatinella apexfulva. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Achatinella apexfulva (Dixon, 1789)[2] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Lista
|
Achatinella apexfulva é unha especie extinta de caracol pulmonado e arborícola da familia Achatinellidae da orde dos Stylommatophora, que outrora viviu na illa de Oahu, en Hawai. A. apexfulva era a especie tipo do xénero Achatinella. O nome específico, "apexfulva", quere dicir "punta amarela", en referencia á punta amarela da cuncha do caracol.
A especie era endémica das selvas da illa de Oahu no arquipélago hawaiano, nos Estados Unidos, mais está extinta en liberdade. En abril de 2011, confirmouse que a especie quedara reducida a un único exemplar en catividade.[3][4] A principal causa do esmorecemento da poboación foi a depredación doutro caracol da especie Euglandina rosea,[5] unha especie orixinaria de América Central que foi introducida en Hawai na década de 1950 para controlar as pragas agrícolas.[6] Foi a causa da extinción de polo menos 8 tipos de caracois en Hawai.[7]
En xaneiro de 2019, confirmouse a morte do derradeiro membro da especie, un exemplar de 14 anos chamado George.[6][8][9] Malia que en xaneiro de 2019 o status de conservación da IUCN aínda mantiña a consideración de en perigo crítico,[1] está considerado extinto.
The first Achatinellid shells brought to Europe, so far as we know, were obtained by Captain George Dixon, who visited the Hawaiian Islands in 1786 and 1787. They were strung on a lei or necklace, which seems to have been made entirely of Achatinella apexfulva and A. decora. It appears that four specific names were based upon these specimens.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Achatinella apexfulva ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Achatinella apexfulva |