Achelousaurus

Debuxo dun Achelousaurus

O Achelousaurus (Lagarto de Achelou) era un ceratópsido que habitaba en Norteamérica hai uns 75 millóns de anos (no período Cretáceo). Este dinosauro chegou a medir 6 m. de longo e case 3 m. de alto, o seu peso descoñécese por agora. O Achelousaurus caracterizábase por ter unhas protuberancias óseas no fociño e un par de cornos no seu volante óseo. Tiña como parentes a outros centrosáuridos, entre eses estaban o Pachyrrhinosaurus, Einiosaurus e Centrosaurus.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.