As actinomicetáceas (Actinomycetaceae) son unha familia de actinobacterias que contén o xénero medicamente importante Actinomyces. As Actinomycetaceae comprenden tres xéneros potencialmente patóxenos: Actinomyces, Nocardia, e Streptomyces. Estes organismos están estreitamente relacionados coas micobacterias pero inicialmente foran clasificadas como fungos (actinomicetos) e críase que eran unhas formas de transición entre as bacterias e os fungos.
A taxonomía aceptada do grupo está baseada na LPSN [1] e no NCBI[2]
e a filoxenia está baseada nas secuencias do ARNr 16S da LTP 106 do The All-Species Living Tree Project [3]