ActiveX é un software desenvolvido por Microsoft que integra outras dúas tecnoloxías da empresa, OLE e COM. Utilízase para crear páxinas web interactivas que permitan usar programas desde a web, este sistema é moi utilizado polos antivirus on-line.
O activeX é un software patentado de Microsoft, polo que para podelo usar debe empregarse o navegador web Internet Explorer ou outros que usen o motor deste navegador. Ao permitir usar programas desde a rede, este software tamén pode ser útil para os creadores de virus, xa que poden introducir un virus mediante o ActiveX.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ActiveX |