Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII Reino de Anglia Oriental |
Morte | 20 de maio de 794 Herefordshire, Reino Unido (pt) |
Lugar de sepultura | Catedral de Hereford (pt) |
Rei de Anglia Oriental | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 20 de maio |
Familia | |
Pai | Aethelred I de Anglia Oriental |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Aethelberht II, tamén chamado Etelberto ou Adalberto (do inglés antigo: Æthelberht) foi rei de Anglia Oriental a finais do século VIII. É venerado como santo na igrexa católica e na anglicana, a súa festa celébrase o 20 de maio.
Descoñécese a data de nacemento[1]. Fillo de Aethelred, rei de Anglia Oriental, e a súa esposa Leofrana[2]. Foi un mozo piadoso e cheo de humildade, inclinado á vida relixiosa, con todo, estaba destinado a suceder ao seu pai. Accedeu ao trono cara a 779. Igualmente preferiuse manterse célibe pero tivo que tomar a man de Ælfryth[3], filla de Offa, rei de Mercia, a fin de unir as liñaxes. No entanto, cara a 794, Aethelberht foi asasinado por un home chamado Grimbert, co que Offa se apoderou do reino de Anglia Oriental.
Ao aparecer representado coa súa cabeza entre as súas mans, forma parte das filas de santos cefalóforos. Os seus restos foron enterrados en Hereford, de feito, a catedral anglicana en Hereford atópase dedicada a el[3].