Adiantum raddianum | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Adiantum raddianum' C.Presl |
Adiantum raddianum tamén coñecida cos nomes vulgares de coantriño, cuadrillo ou cabelo de venus[1] é unha especie de fento de orixe americana pertencente á familia Pteridaceae. É un dos fentos máis populares para cultivo coma planta de interior[2][3] Aseméllase moito á especie europea capilaria (Adiantum capillus-veneris), coa que ás veces se confunde, a diferenza está na marxe das follas, na capilaria son máis dentadas.
As frondes son triangulares, semierectas no inicio, curvándose á medida que envellecen, podendo atinxir 8 cm de longo e 6 cm de largura[4].
Paredes de rocha sombrías e húmidas, fendas, cantís e cavorcos ao longo de ríos e fervenzas.
Orixinaria de América do Sur tropical, espallouse polos seres humanos grazas ao seu valor decorativo a outras zonas como Hawai, África tropical e incluso á Europa atlántica (Holanda, Azores, Madeira, Galicia...)
A especie foi descrita por Carl Bořivoj Presl e publicada en Tentamen Pteridographiae 158. 1836., no ano de 1836.[5]
Non se encontra protexida pola lexislación europea.
Segundo The Plant List, esta especie ten os seguintes sinónimos:[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adiantum raddianum |