Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1767 Kingston upon Hull (pt) |
Morte | 24 de agosto de 1833 (66 anos) Chelsea, Reino Unido |
Causa da morte | cólera |
Residencia | Inglaterra |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica e entomoloxía |
Ocupación | botánico, lepidopterólogo, carcinólogo |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Haw. |
Familia | |
Cónxuxe | Eliza Sidney Cumbrey (1792–) |
Fillos | Benjamin Haworth |
Pais | Benjamin Haworth e Anne Booth |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Adrian Hardy Haworth, nado o 19 de abril de 1767 en Kingston upon Hull (ou Hull), Yorkshire, Inglaterra (Reino Unido), e finado o 24 de agosto de 1833 en Chelsea (Londres), foi un entomólogo, carcinólogo e botánico inglés.
Foi educado por titores que o encamiñaron cara ao dereito, pero Haworth amosou pouco interese pola profesión e, despois de herdar a facenda dos seus pais, dedicou todo o seu tempo á historia natural.
En 1792 estableceuse en Chelsea, onde coñeceu ao naturalista William Jones (1750–1818), que chegaría a exercer unha grande influencia sobre el.
En 1798 foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres. No seu traballo de investigación contou coa axuda do uso da biblioteca e o herbario do seu amigo Sir Joseph Banks (1743–1820), e coas visitas regulares aos Royal Botanic Gardens de Kew.
Como entomólogo, foi o autor de Lepidoptera Britannica (1803–1828), a obra máis autorizada en bolboretas e avelaíñas británicas até a aparición do Manual de Henry Tibbats Stainton en 1857.
Tamén era carcinolólogo especializado en camaróns. É o autor de varios taxa, incluíndo:
e describiu e nomeou 22 novos xéneros de avelaíñas.[1]
En 1812 escribiu o primeiro artigo do Volume 1 de ''Transactions of the Entomological Society of London, unha revisión dos traballos previos sobre insectos británicos.
En 1833, prestou apoio á fundación da que se convertería na Royal Entomological Society of London.