Adventure | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Atari, Inc. |
Distribuidora(s) | Atari, Inc. |
Deseñador(es) | Warren Robinett |
Lanzamento | 1980 |
Xénero | Acción e aventuras |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Atari 2600 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adventure é un videoxogo desenvolvido por Warren Robinett para o Atari Video Computer System (posteriormente chamado Atari 2600) e distribuído en 1980 por Atari, Inc. O xogador controla un avatar cadrado cuxa misión é explorar un ambiente aberto para atopar un cáliz máxico e devolvelo ao castelo dourado. O mundo do xogo está poboado de inimigos itinerantes: tres dragóns que poden comer o avatar e un morcego que rouba e esconde elementos ao chou polo mundo do xogo. Adventure introduciu novos elementos nos xogos de consola, incluíndo unha zona de xogo que abarca varias pantallas e inimigos que seguen movéndose cando están fóra da pantalla.
En Adventure, o obxectivo do xogador é recuperar o cáliz encantado que un malvado mago roubou e escondeu no reino, e devolvelo ao Castelo Dourado.[1]