Aeroporto Internacional Rafael Núñez

Aeroporto Internacional Rafael Núñez
Aeropuerto Rafael Núñez

IATA: CTG – ICAO: SKCG
Sumario
Operador Sociedade Aeroportuaria da Costa S.A. (SACSA)
Cidade/Illa Cartaxena de Indias
Localización Cartaxena de Indias
Elevación (msnm) 1 metros / 4 pés
Coordenadas
Web Páxina oficial
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19

O Aeroporto Internacional Rafael Núñez (código IATA: CTG, código OACI: SKCG) atópase en Cartaxena de Indias, Colombia, capital do departamento de Bolívar. É o máis importante da costa Caribe colombiana e o terceiro a nivel nacional en tráfico de pasaxeiros.

O aeroporto atópase ó norte da cidade, exactamente no barrio de Crespo. O seu nome, Rafael Núñez, fai referencia ó expresidente homónimo colombiano, quen escribiu as estrofas do himno nacional de Colombia e quen naceu na cidade.

Dende 1996 é administrado baixo a figura de concesión pola Sociedade Aeroportuaria da Costa S.A. (SACSA), empresa colombiana que conta coa experiencia e tecnoloxía do seu socio operador de España AENA.

Algunhas aeroliñas como: Avianca, Copa Airlines Colombia, Spirit Airlines, Delta Airlines e KLM teñen voos dende este terminal aéreo cara a cidades de Norte, Centro, Suramérica e Europa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]