Aeroporto de Boise Boise Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Cidade de Boise | ||
Cidade/Illa | Boise | ||
Elevación (msnm) | 875 metros / 2 871 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
10L/28R | 3 048 | 10 000 | asfalto |
10R/28L | 2 976 | asfalto | |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 3 513 377[1] |
O aeroporto de Boise (IATA: LID, OACI: KBOI), tamén coñecido como Boise Air Terminal ou Gowen Field,[2] é un aeroporto estadounidense tanto civil como militar situado a tres millas ao sur de Boise, no condado de Ada en Idaho. Está operado polo Departamento de Aviación da cidade de Boise e está supervisado pola Comisión do Aeroporto de Boise.[3] É o aeroporto máis concorrido do estado de Idaho, servindo a máis pasaxeiros que o resto dos aeroportos do estado xuntos.
Ademais de ser un aeroporto comercial e para a aviación xeral, Boise tamén funciona como unha instalación da USAF usada pola 124th Fighter Wing (124 FW) da Garda Nacional Aérea de Idaho. A 124 FW opera o avión Fairchild Republic A-10 Thunderbolt II.
O Centro Nacional Interaxencial de Bombeiros (NIFC) está baseado na cidade de Boise e usa o aeroporto para apoio loxístico. O Servizo Forestal dos Estados Unidos (USFS) tamén usa o aeroporto de Boise como base para avións de extinción de incendios durante a estación de lumes forestais.[4]
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Ameriflight | Burns, Portland (OR), Salt Lake City, Seattle-Boeing |
FedEx Express | Casper, Memphis, Oakland, Salt Lake City, Oklahoma City |
UPS Airlines | Louisville, Ontario, Salt Lake City, St. Louis |
Western Air Express | Lewiston, Portland (OR), Salt Lake City, Spokane, Twin Falls |