Aeroporto de Norwich

Aeroporto de Norwich
Norwich Airport

IATA: NWI – ICAO: EGSH
Sumario
Tipo público
Propietario Regional & City Airports
Operador Norwich Airport Limited
Cidade/Illa Norwich
Elevación (msnm) 36 metros / 117 pés
Coordenadas
Web https://www.norwichairport.co.uk/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 asfalto/formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 533 663[1]

O aeroporto de Norwich (IATA: NWIOACI: EGSH) é un aeroporto internacional menor inglés en Hellesdon, Norfolk, a 5,2 quilómetros ao norte de Norwich. No ano 2017 foi o 26º aeroporto máis concorrido do Reino Unido e o máis concorrido da rexión de Anglia Oriental con 533 663 pasaxeiros.[1]

Xunto cunha longa historia de voos cara Ámsterdam-Schiphol con KLM Cityhopper, o aeroporto ofrece voos a varios destinos no Reino Unido e Europa. Ademais das operacións regulares, Norwich tamén opera voos chárter. Bristow Helicopters, DanCopter e Babcock Mission Critical Services Offshore transporta persoal ás plataformas de gas do mar do Norte e SaxonAir opera servizos con avións executivos e voos chárter con helicópteros.

O aeroporto instalouse no mesmo lugar que unha antiga base da Royal Air Force a comezos dos 70 baixo a propiedade das autoridades locais. Posteriormente foi vendido a mans privadas.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aurigny Estacional: Guernsey
BH Air Chárter estacional: Burgas
Flybe Aberdeen, Alacant, Exeter, Málaga
Estacional: Jersey
KLM Ámsterdam
Loganair Edimburgo, Manchester
Estacional: Jersey, Inverness (comeza en xuño de 2018)
Thomas Cook Airlines Estacional: Dalaman (comeza en maio de 2018)[2]
TUI Airways Tenerife-Sur
Estacional: Corfú, Gran Canaria, Heraclión (comeza en maio de 2018),[3] Dalaman (comeza en maio de 2018),[4] Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca, Paphos, Rodas
  1. 1,0 1,1 Civil Aviation Authority (ed.). "Airport data 2017". Consultado o 9 de abril de 2018. 
  2. Thomas Cook Airlines (ed.). "Timetable". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  3. Norwich Airport (ed.). "Thomson & First Choice introduce new route to Crete". Consultado o 9 de abril de 2018. 
  4. Norwich Airport (ed.). "TUI adds Dalaman, Turkey to summer programme from Norwich Airport". Consultado o 9 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]