Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I |
Morte | século I |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo |
Agrippa foi un astrónomo grego do século I. No ano 92 realizou unha observación astronómica citada por Claudio Tolomeo.
Tolomeo escribe [1] no doudécimo ano do reinado de Tito Flavio Domiciano, no sétimo día do mes bitinio de Metrous, Agripa observou a ocultación dunha parte das Pléiades pola parte máis setentrional da Lúa. O propósito da observación de Agripa foi probabelmente verificar a precesión dos equinoccios, que foi descuberta por Hiparco de Nicea.
No ano 1935, decidiuse na súa honra chamarlle «Agrippa» a un cráter de impacto lunar situado no bordo sueste do Mare Vaporum[2].