Air Belgium | ||
---|---|---|
IATA KF | OACI ABB | Indicativo AIR BELGIUM |
Fundación | 2016 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi | |
Frota | 2 | |
Eslogan da compañía | Simply fly away | |
Sede | Mont-Saint-Guibert | |
Páxina web: http://airbelgium.com |
Air Belgium é unha aeroliña belga con sede en Mont-Saint-Guibert e baseada no aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi.[1]
A compañía fundouna no verán de 2016 o CEO Niky Terzakis, que anteriormente traballara para ASL Airlines Belgium.[2][3] O obxectivo era unir Bélxica con destinos asiáticos como Hong Kong, Pequín e Shanghai, ofrecendo un produto de alta calidade aos seus clientes.[1]
O primeiro voo de Bruxelas a Hong Kong planeouse para outubro de 2017,[2] porén, este foi adiado xa que a aeroliña non tiña aínda o seu certificado de operador.[4] No mes de decembro Air Belgium anunciou que o primeiro voo sería finalmente en marzo de 2018 dende o aeroporto de Charleroi en vez de dende o de Bruxelas debido ás taxas máis baixas e a mellor accesibilidade; tamén se anunciou que para clase business e pasaxeiros premium a aeroliña operaría unha nova terminal dedicada que sería construída na terminal executiva, mentres que os pasaxeiros de clase económica usarían a terminal normal.[1][5]
O 14 de marzo de 2018 anunciouse que a aeroliña recibira o seu certificado de operador das autoridades de aviación civil belgas e planeaba comezar a operar voos regulares a mediados de abril.[6]
O 29 de marzo a compañía realizou o seu primeiro servizo comercial operando o seu Airbus A340-300 coa librea de Air Belgium en nome de Suriname Airways, nun voo entre Ámsterdam e Paramaribo.[7] O 25 de abril a aeroliña anunciou un atraso no seu voo inaugural a Hong Kong do 30 de abril ao 3 de xuño, debido a que non tiña os dereitos para operar no espazo aéreo ruso.[8]
En marzo de 2018 a frota de Air Belgium estaba formada polos seguintes avións:[2][9][10][11]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
C | Y+ | Y | Total | ||||
Airbus A340-300 | 4 | 0 | TBA | 257[12] | |||
Total | 4 | 0 |