Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1230 (Gregoriano) Reino de Galicia |
Morte | 1305 (74/75 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, compositor, escritor |
Xénero artístico | Poesía |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Airas Nunes ou Ayras Nunez de Santiago foi un clérigo e trobador do século XIII nado moi probablemente en Galicia, máis concretamente compostelán[1].
Estivo ao servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castela. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como don Dinís, Afonso X, Johan Zorro e Nuno Fernandes Torneol.
Pénsase[2] que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio, mais non se pode confirmar nin negar con rotundidade este feito. É moi coñecida a súa cantiga Bailemos nós ja todas tres, ay amigas ou Bailada das Avelaneiras, que segue unha composición de Johan Zorro, parafraseando a primeira estrofa:
Atribúeselle o primeiro romance en lingua galega, que data do século XIII[3]:
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Airas Nunes |