Això no és Suècia | |
---|---|
Formato | drama, comedia, autoficción e comedia negra |
Creado por | Sergi Cameron Aina Clotet |
Desenvolvido por | Nanouk Films Funicular Films Anagram Sweden |
Dirixido por | Mar Coll Aina Clotet Celia Giraldo Sara Fantova |
Intérpretes | Aina Clotet Marcel Borràs Violeta Sanvisens Liv Mjönes Tomás del Estal Nora Navas la Langhammer Enric Auquer Pol López Mabel Rivera Anna Moliner Nausicaa Bonnín August Wittgenstein |
País de orixe | ![]() ![]() |
Lingua(s) | Catalán, castelán, inglés e sueco |
Episodios | 8 |
Produción | |
Localización(s) | Vallvidrera |
Duración | 40 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | RTVE Play TV3 SVT 1 |
Primeiro episodio | 27 de novembro de 2023 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Això no és Suècia é unha serie de televisión de comedia dramática creada por Aina Clotet,[1] Daniel González e Valentina Viso para TV3,[2] RTVE Play[3] e Sveriges Television. Está protagonizada por Clotet xunto a un elenco coral formado por Marcel Borràs, Liv Mjönes, Tomàs del Estal, Nora Navas, Maria Langhammer, Enric Auquer, Pol López, Mabel Rivera, Anna Moliner, Nausicaa Bonnín, August Wittgenstein e Violeta Sanvisens no seu debut como protagonista.[4] Polo seu carácter multicultural, a serie de oito episodios e 40 minutos de duración rodouse en catro linguas: catalán, castelán, inglés e sueco.[5]
Això no és Suècia tivo a súa estrea mundial na décima edición do festival Serielizados Fest de Barcelona o 17 de outubro de 2023, como serie inaugural do festival.[6][7] Ese mesmo mes, a serie presentou o seu cartel.[8] En novembro de 2023, RTVE Play lanzou o tráiler completo da serie e programou a súa estrea completa na plataforma para o 28 de novembro de 2023.[9] Ao mesmo tempo, tamén se anunciou que TV3 estrearía o primeiro capítulo da serie un día antes, o 27 de novembro, para despois emitir o resto da serie con periodicidade semanal.[10]
Para educar os seus fillos nun lugar máis auténtico e afastado das súas respectivas e penosas infancias, Mariana (Aina Clotet) e Samuel (Marcel Borràs) trasládanse a Vallvidrera, un barrio de montaña de Barcelona, onde atopan unha comunidade de persoas coas mesmas aspiracións. Pero cando unha traxedia sacude o barrio, desmantelando o seu ideal de vida, as certezas de Mariana e Samuel comezan a tremer e o medo instálase na parella, achegándose perigosamente a todo do que tentaban fuxir.