Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Barakaldo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | School of Cinematography and Audiovisual of the Community of Madrid (en) Universidade de Deusto Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , realizadora , guionista |
Premios
| |
Alauda Ruiz de Azúa Arteche, nada en Barakaldo, en 1978, é unha directora de cine e guionista española.
Nada en Barakaldo, estudou Comunicación Audiovisual e Filoloxía Inglesa na Universidade de Deusto e é diplomada en dirección na Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM).[1] Afincada en Madrid, é cofundadora da produtora Igloo Films.
Compatibilizou a dirección de proxectos persoais coa realización publicitaria. As súas curtametraxes foron seleccionados en máis de 400 festivais nacionais e internacionais e obtiveron máis dun centenar de recoñecementos.[2]
En febreiro de 2022 estreou a súa primeira longametraxe, Cinco lobitos na "Sección Panoramas" do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3] A película, protagonizada por Laia Costa, Susi Sánchez, Ramón Barea e Mikel Bustamante foi rodada durante cinco semanas no verán de 2021 entre Bakio e Mundaka.[4] Explicou que xorde da súa experiencia persoal da súa primeira maternidade.[5] No Festival de Málaga en marzo de 2022 a película logrou varios premios entre eles o da Biznaga de Ouro, o premio ao mellor guión e o premio do público.[6]
Por Cinco lobitos