Albumina sérica | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura da albumina sérica humana.[1] | |||||||||||
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Serum_albumin | ||||||||||
Pfam | PF00273 | ||||||||||
Pfam clan | CL0282 | ||||||||||
InterPro | IPR014760 | ||||||||||
SMART | SM00103 | ||||||||||
PROSITE | PS51438 | ||||||||||
SCOPe | 1ao6 / SUPFAM | ||||||||||
|
A albumina sérica ou seroalbumina,[2] é unha proteína albumina (un tipo de proteína globular) que se encontra no sangue dos vertebrados. As máis coñecidas son a albumina sérica humana, codificada polo xene ALB do cromosoma 4,[3][4][5] e a albumina sérica bovina, quimicamente similar, que ten moitos usos en laboratorio e clínicos. A albumina sérica de galiña denomínase conalbumina.
A albumina sérica prodúcese no fígado,[5] aparece disolta no plasma sanguíneo e é a proteína sanguínea máis importante dos mamíferos. A albumina sérica é esencial para manter a presión oncótica necesria para a distribución apropiada dos fluídos corporais entre os vasos sanguíneos e tecidos do corpo; sen esta albumina, a alta presión nos vasos sanguíneos forzaría a saída de máis fluídos cara aos tecidos. Tamén actuaría como un transportador do plasma de varias hormonas esteroides hidrófobas que non se unen especificamente e de hormonas tiroides, así como unha proteína de transporte da hemina e ácidos graxos.[6] Que haxa demasiada ou demasiada pouca albumina sérica circulante pode ser nocivo. A albumina sérica na urina xeralmente denota a presenza de doenzas renais. Ocasionalmente a albumina sérica aparece na urina de persoas normais despois de estar moito trempo de pé (albuminuria postural).