Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | Castelló | |||
Capital | L'Alcora | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 13.908 (2022) (35,53 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 391,4 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
O Alcalatén é unha comarca do norte da Comunidade Valenciana, na provincia de Castelló. A súa capital é L'Alcora. Limita ao norte co Alt Maestrat e con Aragón, ao leste coa Plana Alta, ao sur coa Plana Baixa e ao oeste co Alt Millars.
Os datos básicos dos seis concellos, coas cifras de poboación do padrón municipal de habitantes de 2023,[1] son:
Concello | Habitantes (2023) |
Sup. (km²) |
Densidade (2023) (hab./km²) |
---|---|---|---|
L'Alcora | 10.526 | 94,9 | 110,3 |
Llucena | 1.369 | 137,0 | 9,7 |
Les Useres | 985 | 80,7 | 11,8 |
Costur | 535 | 21,9 | 24,1 |
Figueroles | 518 | 12,1 | 42,8 |
Xodos | 117 | 44,3 | 2,7 |
L'Alcalatén | 14.050 | 390,9 | 35,9 |