Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Capital | Alcoi | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 110.639 (2022) (205,02 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 539,66 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
O Alcoià é unha comarca do centro da Comunidade Valenciana, na provincia de Alacant. A súa capital é Alcoi. Limita co Vall d'Albaida e Comtat polo norte, a Marina Baixa ao leste, o Alacantí e o Vinalopó Mitjà ao sur, e o Alt Vinalopó polo oeste.
Na proposta de distribución de comarcas de Joan Soler i Riber de 1970[1] tamén se inclúen na comarca de Alcoià as poboacións do Vall de Biar que nas Demarcacions Territorials Homologades (DTH) da Generalitat aparece no l'Alt Vinalopó: Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e la Canyada de Biar.
Os concellos que pertencen á comarca de Alcoià son: Alcoi, Banyeres de Mariola, Benifallim, Castalla, Ibi, Onil, Penàguila e Tibi.
Trátase dunha comarca montañosa, que presenta diversas foies interiores, como a Foia de Castalla e a de Alcoi, separadas por diversas serras, entre as cales destacan a serra del Menejador que pertence ao Carrascar de la Font Roja, a Mariola ou la Carrasqueta.
O clima é totalmente mediterráneo, pero máis frío que nas comarcas costeiras. Nas serras hai unha vexetación orixinal de carballos, piñeiros e especies aromáticas, por riba de todo na serra de Mariola.
Os datos básicos dos oito concellos, coas cifras de poboación do padrón municipal de habitantes de 2023,[2] son:
Concello | Habitantes (2023) |
Sup. (km²) |
Densidade (2023) (hab./km²) |
---|---|---|---|
Alcoi | 59.493 | 129,9 | 458,0 |
Ibi | 23.920 | 62,5 | 382,7 |
Castalla | 11.365 | 114,6 | 99,2 |
Onil | 7.763 | 48,4 | 160,4 |
Banyeres de Mariola | 7.255 | 50,3 | 144,2 |
Tibi | 1.808 | 70,4 | 25,7 |
Penàguila | 313 | 49,9 | 6,3 |
Benifallim | 111 | 13,7 | 8,1 |
Alcoià | 112.028 | 539,7 | 207,6 |
A agricultura é de secaño (cereais, uvas , oliveiras e améndoas). Hoxe, non obstante, a actividade principal da comarca é a industrial, especialmente a téxtil, a do calzado, a do papel e a de xoguetes. A cidade máis grande é Alcoi, capital da comarca, que conta cunha importante tradición industrial papeleira e metalúrxica que se alcanzou no século XX, pero a industria téxtil é a máis importante na actualidade. Son tamén importantes as poboacións de Ibi, que conta con industrias de xoguetes mecánicos; Onil, dedicada á fabricación de bonecas, e Castalla, que se especializou tamén na produción de xoguetes.
A comarca de Alcoià é de creación moderna, creada no 1989, e comprende a comarca histórica da Foia de Castalla, e parte da antiga Valls d'Alcoi. Estas comarcas antigas aparecen no mapa de comarcas de Emili Beüt "Comarques naturals del Regne de València" publicado en 1934.
A comida de Alcoià é típica da dieta mediterránea de montaña, e incorpora pratos típicos como a pericana, cebolas en vinagre, e os taretes, en forma de tapa.