(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gabriela Alejandra Guzmán Pinal 9 de febreiro de 1968 (56 anos) Cidade de México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | cantante , actriz de cinema , actriz de televisión , compositora |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Entertainment |
Familia | |
Fillos | Frida Sofía (en) |
Pais | Enrique Guzmán e Silvia Pinal (pt) |
Irmáns | Viridiana Alatriste (en) e Silvia Pasquel (pt) |
Premios
| |
Páxina web | laguzman.com.mx |
|
Gabriela Alejandra Guzmán Pinal, nada na Cidade de México o 9 de febreiro de 1968, é unha cantante, compositora e actriz mexicana, alcumada "a raíña de corazóns". Con máis de vinte millóns de discos vendidos durante a súa carreira e un Grammy Latino, é unha das cantantes mexicanas de maior éxito.[1]
Guzmán é filla da actriz Silvia Pinal e do cantante Enrique Guzmán,[2][3] terceiro marido de Pinal. É irmá do empresario Luis Enrique Guzmán Pinal. Ademais, ten dous irmáns por parte do seu pai, Daniela e Enrique Jr., e dúas máis por parte da súa nai, as actrices Sylvia Pasquel e Viridiana Alatriste. Alejandra Guzmán creceu no mundo do espectáculo por mor da sona dos seus pais.
O 25 de outubro de 1982, cando Guzmán tiña catorce anos, faleceu a súa irmá Viridiana Alatriste nun accidente de automóbil, o que foi un dos momentos máis tristes da súa vida. Tras isto volveuse máis rebelde e decidiu vivir a vida a máxima. Con frecuencia marchaba da casa para gozar da vibrante vida nocturna da Cidade de México. Nesta época, coñeceu a Kenny Avilés, da banda Kenny y Los Eléctricos, que se converteu na súa nai/mentora no rock. Entón foi cando decidiu dedicarse ao espectáculo.
A súa canción Bye Mamá supuxo o inicio da súa carreira en 1988.[4] A canción, un grito de independencia, provocou o distanciamento coa súa nai, coa que non falou durante seis meses.[5][6] Na década de 1990 publicou varios dos seus discos de maior éxito, como Eternamente Bella, Flor de Piel e Libre, que se lanzou cun contrato asinado con BMG Ariola. O seu éxito valeulle ser candidata aos Grammy e os Latin Grammy, e conseguiu discos de ouro e platino.[7][8] Por todo isto foi chamada "raíña do rock" de México.
Ao longo da súa carreira tivo éxitos en México e nos Estados Unidos e realizou dúos con Franco De Vita, Mario Domm, Fonseca e Gloria Trevi. Con Trevi ademais levou a cabo unha xira (Versus Tour) en 2017-2018.[9]
Foi xurado na segunda temporada de Va Por Ti e coach en La Voz...México. O 5 de xullo de 2018, Telemundo anunciou que Guzmán sería coach de La Voz (U.S.),[10] uníndose a Luis Fonsi, Carlos Vives e Wisin como coaches da versión en castelán. En 2020, Amazon anunciou que era unha das protagonistas da serie de Amazon Prime El juego de las llaves.[11]
Alejandra Guzmán tivo unha relación con Erik Rubin que non durou por mor dur conflito sobre el coa cantante Paulina Rubio.[12] Posteriormente comezou unha relación co empresario Pablo Moctezuma, con quen tivo unha filla, Frida Sofía, nada en marzo de 1992. Posteriormente a parella separouse.
Guzmán casou co empresario estadounidense Farrell Goodman en 1998. O matrimonio rompeu cando Goodman foi arrestado nun aeroporto alemán con narcóticos.[13] Posteriormente mantivo unha relación con Gerardo Gómez de la Borbolla, que empeorou despois de que Guzmán sufrise un aborto[14] e caese nunha depresión profunda e no alcoholismo,[15] nun momento en que el quería formar parte do seu equipo de traballo e lanzarse como cantante. Guzmán revelou anos despois que tivo un segundo aborto. Tempo despois conseguiu recuperarse.[16]
En 2007 diagnosticáronlle cancro de mama, que foi detectado de xeito temperán. En 2009 sufriu un procedemento estético erróneo que a deixou en estado grave de saúde.[17][18] Tras atoparse unha cura aos polímeros que lle inxectaron nos glúteos, realizáronlle arredor de vinte e dúas cirurxías que a tiveron no hospital durante seis meses.[19]