Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1965 (59 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Partido Comunista de Cuba |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Familia | |
Pais | Raúl Castro e Vilma Espín |
Irmáns | Mariela Castro |
Parentes | Fidel Castro, tío Juanita Castro, tía Ramón Castro, tío |
Alejandro Castro Espín, nado na Habana o 29 de xullo de 1965, é un político e militar cubano. Ostenta o rango de coronel no Ministerio do Interior de Cuba.[1] É o único fillo varón de Raúl Castro, antigo primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba, e de Vilma Espín, unha das principais líderes da Revolución cubana. É polo tanto sobriño do líder da Revolución, Fidel Castro.
Naceu na Habana o 29 de xullo de 1965,[2] como o único fillo varón do matrimonio entre Raúl Castro e Vilma Espín. Ten tres irmás: Deborah, Mariela e Nilsa.[3] A súa irmá Mariela é unha das sexólogas máis destacadas do país e directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba.
Formouse como enxeñeiro e como militar nas Forzas Armadas Revolucionarias e foi enviado como parte do continxente cubano á guerra civil angolana onde, aínda que non loitou na primeira liña, sufriu unha lesión accidental nun ollo durante un exercicio militar en Luanda.[4] Tamén fixo un mestrado en relacións internacionais e é un destacado investigador en cuestións relacionadas coa defensa e a seguridade nacional.[5][6][7]
Escribiu regularmente artigos na prensa cubana e en 2009 presentou o seu primeiro libro, El Imperio del Terror, publicado pola editorial do Ministerio do Interior cubano, que explica a súa particular visión dos intereses de poder dos Estados Unidos nos séculos XIX e XX.[1][6]
Trala elección de Raúl Castro como primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba en 2011, Alejandro converteuse en axudante persoal deste e estivo involucrado en diversos actos políticos e visitas oficiais.[7]
|url=
incorrecto (Axuda) o 25 de agosto de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2021.