Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1969 (55 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | compositor, guitarrista, cantante, batería |
Período de actividade | 1980 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Tesitura | Lyric tenor (en) |
Instrumento | Batería |
Alejandro González, ("Álex", "El Animal"), nado en Miami o 24 de febreiro de 1969, é un batería e compositor mexicano, membro do grupo de rock Maná, do que forma parte desde 1984, cando aínda se chamaba Sombrero Verde.
Naceu en Miami, Florida (EUA), de pai colombiano e nai cubana. A súa afección pola percusión venlle de moi pequeno. Aos catro anos a súa mestra regaloulle unha batería de xoguete, a primeira que tivo e a que tocou até que, aos doce anos, comezou a pensar en entrar nunha banda.
Cando Abraham Callejos saíu de Sombrero Verde os integrantes deste grupo puxeron un anuncio no xornal para buscar un novo batería. O seu padrasto viuno e amosoullo. Chamou e contestoulle Fher Olvera e entusiasmouse cando soubo que o grupo que solicitaba o batería era Sombrero Verde, xa que era un grupo moi coñecido entón en Guadalajara. Preferiu ser o último en realizar a proba e a Fher Olvera gustoulle a súa forma de tocar e presentoullo á banda. Aínda que, dado o escaso éxito de Maná nos seus comezos (despois de cambiar de nome), pensou en marchar do grupo, Fher Olvera convenceuno para que non o fixese. Desde entón Alejandro González é o batería.
É batería exclusivo para DW Drums, usa parches Remo e sempre platillos Paiste.